05 junio 2024

A OLIVEIRA SIMBOLO DA GALICIA ESQUECIDA

"A historia escríbea o vencedor"

Esta frase acuñouna George Orwell en 1944 cando era columnista para unha revista británica.

A escritora Carla Montero completou a frase da seguinte maneira, na súa obra O inverno no teu rostro:
"A historia escríbena os vencedores, pero o paso do tempo tamén dá voz aos vencidos"

As evidencias materiais contan mellor a historia que as fontes escritas.... polos vencedores:
Achan 20 tipos de oliveiras centenarias autóctonas localizados nas catro provincias galegas.
As oliveiras centenarias dan voz aos vencidos e convocan a escribir de novo a historia de Galicia desde a idade de bronce.

ACEITE DE OLIVA CON D.O. GALAICA
"Durante los años que ha durado la investigación se han marcado y analizado 167 olivos, la mayor parte centenarios, localizados en las cuatro provincias gallegas. Concretamente en zonas de la comarca da Ulla, O Ribeiro, Tui, Verín, A Estrada, Quiroga u Ortigueira. En once de las veinte variedades diferentes que han logrado identificar, el Centro Superior de Investigaciones Científicas ha comenzado el proceso para registrarlas en el Listado Español de Especies de Interés Comercial para que sean reconocidas oficialmente a nivel internacional como «únicas y diferentes de todas las existentes»."

VER:
Se en menos de 500 anos fomos capaces de esquecer todo sobre as nosas oliveiras galegas e o potencial económico que representaban. Que non esqueceriamos sobre as orixes anteriores ao reino de Galicia, da súa estrutura territorial, da antigüidade dos seus capitais, da identidade dos seus dirixentes e dos logros alcanzados como pobo.

As oliveiras esquecidas nas montañas de Galicia son unha evidencia material que combate o silencio das fontes escritas, como o son os xacementos arqueolóxicos, a lingua, a toponimia, os rituais comunitarios, etc.

A Galicia das oliveiras esquecidas deixa de ser unha terra pintoresca de pequenas aldeas para emerxer como unha nación silenciada polas estruturas dos vencedores. A decapitación dunha identidade por imposición do adversario.

Hoxe esa política de silenciar a evidencia material emerxente segue aloxada nas estruturas das "Casas Reais" de goberno.